|
A Escola de Música nace no ano 2005 co fin de difundir e formar en música dunha forma máis lúdica e, sobre todo, coa finalidade de acercar a música ao maior número de xente posible; de acercar a música á rúa para ofrecer máis facilidades e comodidades á hora de aprender , e dirixida a todas aquelas persoas que teñen algún tipo de inquedanza musical.
Con 3 profesores e pouco máis de 20 alumnos no ano 2005, no curso académico 2007/2008 a escola contou cun total de 132 alumnos matriculados nas distintas disciplinas impartidas por 11 profesores. Este considerable aumento non é froito da casualidade; senón que ven a certificar que a fórmula didáctica da Escola funciona e motiva a o número de alumnos que aumenta cada ano.
Durante o curso 2007/2008 na Escola impartíronse as especialidades de Gaita, Tambor, Pandeireta, Guitarra e Acordeón. Estas clases, dunha hora semanal de duración, combinábanse con outra hora de Combo na que os alumnos aprendían a poñer en conxunto o seu instrumento con outros doutra disciplina.
Paralelamente leváronse a cabo unha serie de clases complementarias, como foron:
Obradoiro de elaboración de palletas a cargo de José de Nebra Clase maxistral e audición do órgano da igraxa parroquial de Ribeira a cargo do profesor Tucho Conferencia a cargo de Fernando Molpeceres, da Historia e Distibución da Gaita en Africa, Asia i Europa
Ademais; e como resultado das clases de Combo, a Escola fundou a charanga “ Os Jalochos”, formada polos alumnos da escola. O obxectivo da Charanga, a parte de lúdico, consigue acercar e aprender a funcionar no mundo profesional da música, enfrentándoos así a alboradas, merendas, pasarúas, romerías e festivais en palco, facendo xira cos Chiquilicuatres.
Con todo isto, o resultado no ano académico 2007/2008 foi máis que exitoso, xa non só polo resultado formativo dos alumnos, senón polo grupo humano que se formou nas distintas clases; sendo os alumnos da Escola a mellor publicidade e garantía de éxito que pode ter.
Para o curso 2008/2009 a Escola conta con chegar aos 200 alumnos matriculados e vanse ampliar as materias que se imparten:
Percusión
Iniciación á percusión de man, con diferentes instrumentos como o caixón peruano, djarbukas, yembés, etc... de similar comprensión e execución. Percusión reciclada, a base de elementos cotiáns. Formación dun combo de percusión. Tódalas idades
Tambor
Iniciación ó tamboril tradicional para pequenos. Iniciación e perfeccionamento para adultos.
Linguaxe musical
Clase de solfexo, combinada con nocións de harmonía, historia da música, épocas, coñecemento dos instrumentos, tódalas idades.
Gaita
Iniciación á gaita para pequenos. iniciación e perfeccionamento para adultos.
Pandeireta
Iniciación á pandeireta para pequenos. Iniciación e perfeccionamento para adultos.
Acordeón
Iniciación e perfeccionamento, tódalas idades.
Guitarra
Iniciación e perfeccionamento, tódalas idades.
Informática musical
Edición e notación de partituras e tratamento de audio dixital. gravación, edición e producción de música.
Clarinete
Iniciación ó clarinete. Tódalas idades.
Charanga
Coñecementos sobre a charanga, arranxo dos temas, funcións dunha charanga. Coa charanga dáse o paso da aprendizaxe individual á formación dun conxunto. Nesta clase os alumnos teñen a oportunidade de poñer en práctica o aprendido.
|