Inicio Llonsiños Ártabros
Llonsiños Ártabros

Golfo Ártabro

Golfo Ártabro ou Arco Ártabro, así se coñecen as rías de Coruña, Betanzos, Ares e Ferrol no seu conxunto; estas denominacións son cousa do xeógrafo Otero Pedrayo. Por extensión, os ártabros son os bravos habitantes destas terras a carón do fin do mundo. Estas son as crónicas dun destes homes...



A UNIÓN FAI A FORZA PDF Imprimir Correo electrónico
Escrito por Amil   
Jueves 05 de Febrero de 2009 11:47

Bó día, compañeir@s. Benvidas ao centro da acción, á páxina na que a suma de moitas forzas pequenas conseguirán activar unha forza superior, chamada dignidade, perspectiva de futuro, ilusión, esforzo, unidade...

Nestes tempos convulsos en que dende os estamentos estatais aprétannos duramente coa excusa da crise, precisamos xuntar esforzos para non caer no derrotismo. Non están as cousas como para aturar máis demagoxía, tragar con contos para retrasados (escritos por auténticos retrasados funcionais) e afundirnos nos lodos da sumisión...

 Temos outras vias de acción. Non precisamos a violencia. Eso é o que lles gustaría aos impresentables que malversan o poder; así terían a excusa para afundirnos nos seus cárceres coa excusa de redimirnos...

É o momento de canalizar as nosas enerxías para crear novos vieiros de encontro e denuncia. Por que nós temos ese poder: o poder da imaxinación e a creatividade expresada con palabras, trazos, música, danza...

Nós non precisamos baterlle a ninguén, por que nós temos argumentos dabondo para unir en vez de separar. Dende esa óptica, todos podemos aportar o noso granito de area para atopar solucións creativas e reais para evitar a ferruxe da aceptación sumisa do caos imperante nas institucións públicas que aféctannos a nós, ás nosas familias, @s nos@s coñecid@s...

Este é o noso portal. Este é o lugar dende o que podemos difundir xeitos novos de convivencia, solidariedade e artellar outros xeitos de superar as dificultades económicas que xiran nos nosos entornos máis cercanos. 

Estamos tod@s convidad@s a participar. Achégate e difunde. Achégate e amósalle ó mundo as túas visións. Achégate e prepárate para formar parte do Ruído desta Compañía e trae as túas cancións, os teus deseños, as túas ideas, as túas solucións, a túa contribución solidaria a través da arte.

Saúdos. Moita música e boa fé (do credo que cada quen profese, se profesa...). Bicos

Ultima actualización ( Viernes 06 de Febrero de 2009 17:45 )