Inicio Equinosio
Equinosio PDF Imprimir Correo electrónico
Escrito por Administrator   
Viernes 30 de Enero de 2009 11:49


E que é un Equinosio?
E quen o sabe LLon!?Logo Equinosio
Un Equinosio llon, debe ser como algo moi grande
 que non se sabe moi ben que é, máis ten que suceder.
 Como a pedra do muiño, que fai fariña, moe o millo,
 e cadansúa muiñada acompaña a xornada.
Ou como a ola do caldo,que leva fartura a quen se achegue, sen etiqueta precisa,
 e precisamente ó calor aplica,  á compañía invita e á reunión incita.
Un equinosio? non sei, supoño que pode ser  a coincidencia dunha serie de circunstancias
que xunten a xusta forza para mover un pequeno trozo de mundo;
sen presa move presa, e como unha roda sen pausa avanza.
Sí, podería ser o Ruido Na Rúa, que non se calcula,non ten nen cabo nen fin, e ó fin e ó cabo,
ten un fin por conseguir, un medio pra facelo, e un principio que defender.
 
A Alegria, curiosa palabra, que coa participación, nos leva a un principio sólido... a creación de!!
A creación de recursos humanos, de espacios vivos. A creación dun centro social, cultural, de formación, un lugar onde facer un foro social permanente, para debatir, plantexar  e defender alternativas medio ambientais, e socio culturais, un lugar de conexión e comunicación ó mundo.

O Equinosio parte dunhas premisas básicas e claras, a Cultura, a Educación e a Defensa da Terra, as dúas primeiras necesarias para conseguir a terceira.

Un Equinosio ten un porqué....a necesidade dun equilibrio de forzas entre o pobo e o estado, co uso da Lóxica, que debe ser apastante, e o común sentido da Razón

Un Equinosio, quizáis debera ser unha armoniosa, robusta, flexible e libre okupación por terra, mar e aire, na defensa da Terra en sí, e todo o que a rodea, nós incluidos.

¿Entendido?

Ultima actualización ( Lunes 02 de Febrero de 2009 11:33 )