Inicio Bastantes Festivais Festa da Chuvia
Festa da Chuvia PDF Imprimir Correo electrónico
Escrito por Administrator   
Lunes 02 de Febrero de 2009 09:53
A Festa da Chuvia nace como resposta natural a unha negación, á  eficaz prohibición pola forza do dereito a expresión, e nace coa intención de abrir un espazo no que potenciar, formar  e mostrar a capacidade da xente para apretar un collón co outro cando se precisa. No verán do 02, unha charanga é agredida pola policía, acabando en pelexa e cos músicos no calabozo. A resposta non se fai esperar, “se non queres unha cunca, toma dúas”.

A Festa de Chuvia é un festival que se celebra en Ribeira desde o ano 2002 e que nace coa vocación de mostrar e promocionar a música galega; fomentando ao mesmo tempo o intercambio con outras asociacións. Dende  o seu nacemento no ano 2002, a Festa da Chuvia foise convertendo, nunha cita musical ineludible e de visita obrigatoria en Galicia. Proba disto é o número de grupos e bandas que ano a ano participan  no festival; así como o público que se achega a Ribeira cada Semana Santa.

O punto de partida da Festa dá Chuvia abarca dúas premisas fundamentais; por unha banda, a posta en marcha de bandas noveis, e por outro, como plataforma de presentación de bandas con traballo discográfico. Así, na Festa da Chuvia, ademais de contar con bandas do panorama musical galego, teñen cabida os grupos noveis para mostrar ao público  o seu traballo.
Este ano iniciouse o primeiro  intercambio con Asociacións  doutras comarcas, coa participación dunha banda, unha charanga e un Dj da Asociación C. DZ de San Sadurniño.

Todo o que sucede na Festa dá Chuvia queda rexistrado en vídeo e audio para unha posterior edición  e difusión do material.
 
A programación da Festa da Chuvia 2008  acolleu unha serie de actividades musicais e paralelas que se desenrolarán durante dous días::

Concertos, charangas, pasarúas, etc...
Degustacións gastronómicas.
Presentacións de traballos discográficos ( Chiquilicuatres e Sonoro Maxin).
Pintura na rúa..
Obradoiros de artesanía, etc...

Ademais na Festa da Chuvia a reciclaxe ten á súa importancia dentro da festa, polo que se pon en marcha o uso de vasos conmemorativos reciclables..

BANDAS PARTICPANTES 2008:
  • Chiquilicuatres.
  • Sonoro Maxin.
  • Cuchufellos.
  • Tevra.
  • Desalojo.
  • The Canhas.
  • Iván DZ.
  • Txuzaranga.
  • Spinal Wins.
  • Inllorfeis.
  • Charanga DZ.
  • Os Jalochos.